sobre o evento

Nesta cuarta edición de CIBER.gal, a Cátedra R en Ciberseguridade está a colaborar e participando dunha maneira activa. Queremos seguir traballando, de maneira conxunta, coas institucións privadas e públicas na divulgación do coñecemento e experiencia no campo da ciberseguridade.

Dividido en dúas xornadas e dirixido a empresas, cidadanía e administración, celebraranse obradoiros híbridos, charlas divulgativas, paneis de debate, CFT, …

Este encontro ten como finalidade achegar valor á ciberseguridade, impulsala e axudala a afrontar a ameaza.

Trasladar o coñecemento e a actualidade no eixo da seguridade da información, impulsar a industria da ciberseguridade, fomentar a creación de talento.


desenvolvemento do evento


Panel de debate: Ciberseguridade ao día – Sector industrial e empresarial. Retos e propostas de solucións

Reto Cátedra R & Gradiant: Final Capture The Flag para estudantes técnicos (ciclo medio e superior FP + universitarios + estudantes de máster).

Taller: Detección, identificación e análise de ameazas en redes e aplicacións. Este obradoiro está orientado a estudantes con perfil TIC. Celebrarase en contexto multi-sede (localización en Universidades + institutos FP + Gaiás).

Premios Cátedra R en Ciberseguridade UVIGO-UDC. Entrega dos Premios aos traballos académicos a nivel Grao, Máster e Doutoramento na área de ciberseguridade e no ámbito do SUG. Así como o premio ao Reto Cátedra R & Gradiant


premios Cátedra R en Ciberseguridade UVIGO-UDC

Fecha: xoves, 7 de novembro de 2024

Hora: 13:45 – 14:00

Axenda: Actividades destinadas á Cidadanía

Establécese un total de 5 premios: 2 premios a TFG, 2 premios a TFM, 1 premio ao traballo de investigación en Tese Doutoral e 1 premio ao traballo de investigación en colaboración coa empresa.

  • 2 premios de Traballo Fin de Grao (TFG): 400 € cada premio
  • 2 premios de Traballo Fin de Máster (TFM): 600 € cada premio
  • 1 premio ao traballo de investigación da Tese Doutoral: 800 €
  • 1 premio ao traballo de investigación en colaboración coa empresa: 800€

Presentación de candidaturas ata o 17/10/2024.  Inscrición e bases da convocatoria.

 Resolución premios


organiza



patrocinador VIP y estratégico:


contacto

Pódeste poñer en contacto connosco a través da seguinte dirección:

e siguenos tamén en redes sociales:


Copyright © R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. Todos los derechos reservados