Actividades e novas

📰 13 novembro 2025

R e as universidades da Coruña e Vigo referendan a cátedra R en Ciberseguridade, que inclúe desta volta a promoción de tecnoloxías intelixentes aplicadas ao negocio.

Os reitores das dúas universidades e o director de R e de MasOrange en Galicia xa asinaron o convenio para renovar a Cátedra R en Ciberseguridade, pioneira en Galicia cando se creou hai sete anos. O novo curso da Cátedra R 2025 botou a andar onte cunha cita de titores e alumnos nas oficinas do operador galego para coñecérense e pór en marcha os novos proxectos. As actividades da Cátedra R incorporan o fomento da investigación e innovación en tecnoloxías intelixentes e proxectos orientados á súa aplicación práctica no mundo da empresa.

Recentemente entregáronse os premios da Cátedra R en Ciberseguridade para destacar os mellores TFG, TFM, Tese Doutoral e Traballo de investigación con empresa do pasado exercicio (evento CIBER.gal - resolución de premios).

ver mais
sección cátedra

📅 5 novembro 2025

A quinta edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal celebrarase os días 5, 6 e 7 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Nesta edición de CIBER.gal, a cátedra R en Ciberseguridade está colaborando e participando dunha maneira activa. A Cátedra organiza os premios aos mellores traballos académicos e de investigación no ámbito da ciberseguridade que serán entregados durante o evento CIBER.gal.

Establécese un total de 6 premios: 2 premios a TFG, 2 premios a TFM, 1 premio ao traballo de investigación en Tese Doutoral e 1 premio ao traballo de investigación en colaboración coa empresa.

ver mais
sección cátedra

📅 6 novembro 2024

Nesta cuarta edición de CIBER.gal, a cátedra R en Ciberseguridade está colaborando e participando dunha maneira activa. Queremos seguir traballando, de maneira conxunta, coas institucións privadas e públicas na divulgación do coñecemento e experiencia no campo da ciberseguridade.

ver mais
sección cátedra

📅 10 novembro 2021

A cátedra R en Ciberseguridade colabora e participa dunha maneira activa no primeiro encontro organizado dentro do nodo da Xunta CIBER.gal.

ver mais
sección cátedra

📰 11 febreiro 2021

Entrevista a Ana Fernández Vilas, directora da cátedra R en Ciberseguridade.

Ana Fernández Vilas compaxina a súa labor investigadora e o seu traballo como docente no Máster InterUniversitario de Ciberseguridade UVIGO-UDC, coa dirección da Cátedra R en Ciberseguridade

ver mais
sección cátedra

📅 5 novembro 2020

Organizado desde a cátedra R en ciberseguridade, coas Universidades da Coruña e Vigo, os colexios profesionais de enxeñería informática e Telecomunicacións de Galicia, AMTEGA, GRADIANT, Defcon-gal e Ciber-wall.

Nesta segunda edición deste encontro, liderado polas principais entidades galegas, falaremos sobre a normativa, solucións, retos e ameazas no campo da seguridade do universo dixital no teletraballo.

ver mais
sección cátedra